miércoles, 17 de mayo de 2017

TESTEMUÑAS DUN CARISMA DE 400 ANOS

Coincidindo coa celebración da festividade de Santa Luisa de Marillac, o martes 9 de maio, celebramos o 400 aniversario do Carisma Vicenciano (1617-2017).
O día comezou cunha  Eucaristía dirixida aos alumnos de 1º e 2ºESO e o acto central da celebración foi o paso do facho, que simboliza o Carisma Vicenciano, desde as Fillas da Caridade, ata os máis pequenos do colexio.
Xuntos, formamos unha cadea humana, da que formaron parte as Irmás, invitadas da Asociación da Medalla Milagrosa, persoal do centro, profes e alumnos.
O paso do facho simboliza o compromiso de cada un de nós a ser máis sensibles con todo o que acontece ao noso arredor, a transmitir a ilusión dun mundo máis xusto de San Vicente e Santa Luisa e a loitar con forza e fe ante os novos retos.
A festa continuou pola tarde con obradoiros no patio para os alumnos de Infantil e Primaria. O alumnado de ESO participou nun pequeno torneo de fútbol no que o equipo “Rosalía Rendu” quedou gañador fronte aos equipos de San Vicente, Santa Luisa e Federico Ozanam.

Como agasallo de fin de festa, todos os alumnos recibiron unha mochila conmemorativa.