miércoles, 10 de mayo de 2023

Mes de maio, mes de María

Xa estamos inmersos no mes da Virxe maría. Os corredores xa están cheos de preciosas flores realizadas polos alumnos e alumnas de todas as etapas educativas. Aos maoires de bacharelato os temos traballando en murais para facer a alfombra floral do acto de clausura. Para poder facela, tivemos a sorte de que alfombristas expertos de Bueu viñeran onte a darnos unha charla. Desde aquí queremos agradecerlle o seu traballo e dedicación.