lunes, 4 de septiembre de 2023

Valor para o curso 2023-2024: A SINXELEZA

 


O valor da sinxeleza é central na familia vicenciana. San Vicente tíñaa en tal aprecio que a chamaba "O seu evanxeo".

Para Vicente de Paúl a sinxeleza ten a súa raíz en Cristo que busca facer posible o Reino de Deus a través da xustiza, o amor e a verdade.

Desde esta visión vicenciana falar hoxe da sinxeleza supón falar da procura e defensa da verdade, a coherencia, a confianza nas persoas, a austeridade, sendo capaces de agradecer e valorar as cousas pequenas, a honestidade e transparencia ademais da capacidade de traballar en equipo.

Imos intentar que, ao longo deste curso, estas cualidades impregnen toda a nosa actividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario